Mapa Emprende

Todas as entidades do ecosistema

de emprendemento de Galicia

Mapa Emprendemento. Acompañámoste na túa iniciativa

O Mapa de Emprendemento, promovido pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, pretende impulsar un elemento de consulta para as persoas emprendedoras e empresas galegas no cal poder acceder á información de interese sobre as entidades que realizan actividades e servizos de emprendemento en Galicia.

Entre as entidades que se poderán consultar neste mapa atópanse, aquelas que ofrecen servizos gratuítos e cunha constancia no tempo, entre elas asociacións sen ánimo de lucro, centros de ensino con programas e ensinanzas no eido do emprendemento, concellos, deputacións, administracións públicas, universidades, confederacións, asociacións empresariais,… así mesmo, poderanse consultar programa, redes de emprendemento e recursos de emprendemento

Este portal continúa as liñas de apoio na xeración de emprego de calidade, fomentando o emprendemento a través de iniciativas innovadoras e atractivas que impulsen a creación de novas empresas no territorio galego.

Demo - Mapa Emprendemento

Play Video

Entidades de apoio ao emprendemento

Emprendendo xuntos

O Mapa reúne ás entidades que apoian o emprendemento e as empresas en Galicia.

Información básica sobre protección de datos persoais
Responsable do tratamento: Xunta de Galicia – Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade – Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego
Finalidades do tratamento: Tramitación das suxestións, queixas, consultas, solicitudes de información e outras comunicacións recibidas por medio do formulario destinado ao efecto.
Lexitimación para o tratamento: Consentimento das persoas interesadas.
Destinatarios dos datos: Non se prevén comunicacións a terceiros.
Exercicio de dereitos: As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar no seu caso, o consentimento, #ante o responsable do tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo recóllese en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Así mesmo, poderán retirar, no seu caso, o consentimento previamente outorgado dirixindo a súa comunicación xempreemprende@xunta.gal.
Contacto do Delegado/a de Protección de Datos e Información adicional: https://xunta.gal/informacion-xeral-proteccio