Únete ao movemento que potencia a cultura emprendedora da provincia!

Xoves, 26 de setembro

Que é ULTREIA LUGO?

É un evento que forma parte dunha serie de encontros revolucionarios para dinamizar a escena emprendedora galega!

Como? Coa colaboración entre a Xunta de Galicia e as confederacións empresariais de
Ourense, Lugo, Pontevedra e A Coruña, así como keyplayers do ecosistema emprendedor
galego.

ULTREIA GALICIA nace co obxectivo de incentivar aos emprendedores e axentes do
ecosistema a acadar o propósito de impulsar o seu camiño creando sinerxias e
identificando retos para os que atopar solucións conxuntas.

ULTREIA LUGO: Xoves 26 de setembro

PROGRAMA DE ULTREIA GALICIA EN LUGO – CAMPUS STARTUPS

SESIÓN DE MAÑÁ

  • 9:00 h APERTURA – ACREDITACIÓNS
  • 9:30-10:00 h INAUGURACIÓN E BENVIDA
  • 10:00-11:00 h PONENCIA MAXISTRAL

    - Ecosistema emprendedor

  • 11:00-12:00 h CAMPUS STARTUP

    - Pitch Decks: (10)
    - One 2 One Mentores

  • 12:00-12:30 h CAFÉ NETWORKING
  • 12:30–13:15 h CAMPUS STARTUP

    Presentación casos de éxito ( mesa redonda ):
    - Aeronáutica

  • 13:15 h-14:00 h CAMPUS STARTUP

    Presentación casos de éxito ( mesa redonda ):
    - Forestal

  • 14:00-15:30 h XANTAR – NETWORKING

SESIÓN DE TARDE

  • 15:30-16:15 h CAMPUS STARTUP

    Presentación casos de éxito ( mesa redonda ):
    - Agroalimentario

  • 16:15-17:00 h CAMPUS STARTUP

    Presentación casos de éxito ( mesa redonda ):
    - Turismo

  • 17:00-17:30 h CAFÉ NETWORKING
  • 17:30-18:30 h MESA REDONDA

    - Como encontrar inversión público-privada?
    - Cal é o meu valor?
    - Como pensan e deciden os investidores?

  • 18:30-19:00 h MESA REDONDA

    - Retos e oportunidades de emprender en Lugo (CEL + Xunta)
    - Programa Retorna, Bolsa de Remuda

  • 19:00-19:30 h CLAUSURA

    - Deliberación do xurado e selección de finalistas.

PROGRAMA DE ULTREIA GALICIA EN LUGO – RETOS E SOLUCIÓNS PARA UN TERRITORIO INTELIXENTE

SESIÓN DE MAÑÁ

  • 12:30-14:00 h MESAS DE TRABALLO POR SECTORES

    - MESA I: Agroalimentario
    - MESA II: Turismo

SESIÓN DE TARDE

  • 15:30-17:00 h MESAS DE TRABALLO POR SECTORES

    - MESA I: Aeronáutica
    - MESA II: Forestal

Queres asistir a ULTREIA LUGO?

STARTUP

Se queres inscribir o teu proxecto emprendedor no Campus, esta é a túa oportunidade para presentalo. A convocatoria está aberta para todos os emprendementos innovadores con visión de futuro que procuren proxección, mentorización e financiamento. Podes consultar as bases e inscribirte a través da seguinte ligazón.

INVESTIDORES

Ademais, se es un potencial investidor ou tes interese en descubrir novos proxectos e startups con alto potencial de crecemento, non perdas a oportunidade de inscribirte como asistente e establecer contacto directo cos emprendedores máis prometedores. Para máis detalles e realizar a inscrición, visita a seguinte ligazón.

PÚBLICO XERAL

Se tes interese no ecosistema emprendedor galego e queres asistir a Ultreia Lugo, esta é a túa oportunidade para descubrir novos proxectos, coñecer experiencias de éxito de primeira man e presenciar conferencias inspiradoras. Inscríbete agora a través da seguinte ligazón e asegura a túa praza no evento.

Retos e solucións para un territorio intelixente!

Nun mundo onde a competitividade e a innovación son esenciais, os territorios intelixentes, como o galego, emerxen como pioneiros na busca dun equilibrio entre desenvolvemento económico, cohesión social e sostibilidade.

Os territorios intelixentes son aqueles territorios innovadores, capaces de construir as súas propias vantaxes competitivas en relación co seu entorno, no marco dun mundo complexo, global e interrelacionado. Asimesmo, os territorios intelixentes perseguen un equilibrio entre os aspectos de competitividade económica, cohesión social e sostibilidade

Cales son os obxectivos de ULTREIA GALICIA?

ULTREIA GALICIA vai ter un desenvolvemento simultáneo en dúas áreas: o CAMPUS STARTUPS e RETOS E SOLUCIÓNS PARA UN TERRITORIO INTELIXENTE.

Cada un dos eventos ten obxectivos diferenciados, aínda que persigan un xeral, que é dinamizar o ecosistema emprendedor en Galicia conectando aos axentes que o conforman con novas posibilidades de desenvolvemento e financiación.

OBXECTIVOS DO
CAMPUS STARTUPS

  • Identificar e mapear as startups e emprendedores de cada unha das catro provincias galegas.
  • Dar soporte aos proxectos para a busca de financiación.
  • Selección de proxectos para o Foro de Investimento.
  • Identificar aos Business Angels da provincia.

OBXECTIVOS DE RETOS E SOLUCIÓNS
PARA UN TERRITORIO INTELIXENTE

  • Identificar os sectores estratéxicos da provincia.
  • Identificar os retos de estos sectores estratéxicos.
  • Identificar e involucrar ás empresas tractoras destos sectores estratéxicos.
  • Mapear os axentes do ecosistema da provincia.

Organiza

¿Tes alguna dúbida?

Mantente ao día sobre Ultreia Lugo nas nosas redes sociais!

Información básica sobre protección de datos persoais
Responsable do tratamento: Xunta de Galicia – Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade – Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego
Finalidades do tratamento: Tramitación das suxestións, queixas, consultas, solicitudes de información e outras comunicacións recibidas por medio do formulario destinado ao efecto.
Lexitimación para o tratamento: Consentimento das persoas interesadas.
Destinatarios dos datos: Non se prevén comunicacións a terceiros.
Exercicio de dereitos: As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar no seu caso, o consentimento, #ante o responsable do tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo recóllese en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Así mesmo, poderán retirar, no seu caso, o consentimento previamente outorgado dirixindo a súa comunicación xempreemprende@xunta.gal.
Contacto do Delegado/a de Protección de Datos e Información adicional: https://xunta.gal/informacion-xeral-proteccio