Únete ao movemento que potencia a cultura emprendedora da provincia!
Mércores, 25 de setembro
Que é ULTREIA PONTEVEDRA?
É un evento que forma parte dunha serie de encontros revolucionarios para dinamizar a escena emprendedora galega!
Como? Coa colaboración entre a Xunta de Galicia e as confederacións empresariais de
Ourense, Lugo, Pontevedra e A Coruña, así como keyplayers do ecosistema emprendedor
galego.
ULTREIA GALICIA nace co obxectivo de incentivar aos emprendedores e axentes do
ecosistema a acadar o propósito de impulsar o seu camiño creando sinerxias e
identificando retos para os que atopar solucións conxuntas.
ULTREIA PONTEVEDRA: Mércores 25 de setembro
PROGRAMA DE ULTREIA GALICIA EN PONTEVEDRA – CAMPUS STARTUPS
- AMPLIACIÓN DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ATA O 19 DE SETEMBRO ÁS 20:00 HORAS
SESIÓN DE MAÑÁ
-
9:00-9:30 h APERTURA – ACREDITACIÓNS
SALÓN DE ACTOS
-
9:30-10:00 h INAUGURACIÓN OFICIAL
SALÓN DE ACTOS
-
10:00-10:30 h CONFERENCIA: EDO SADIKOVIC
SALÓN DE ACTOS
-
10:30-11:30 h PRESENTACIÓN DE CASOS DE
ÉXITO DE EMPRENDEMENTOSALÓN DE ACTOS
-
11:30–12:00 h CAFÉ - NETWORKING
SALÓN DE ACTOS
-
12:00–14:00 h CAMPUS STARTUP
SALÓN DE ACTOS
PITCH PROXECTOS DE EMPRENDEMENTO
- Stream pitching presentación de proxectos e feedback (12)
- One 2 one ecosistema de emprendemento -
14:00-15:30 h XANTAR – NETWORKING
SESIÓN DE TARDE
-
15:30- 16:00 h AXUDAS E PROXECTOS DE
EMPRENDEMENTO EN GALICIASALÓN DE ACTOS
Prox Consultores -
16:00- 17:00 h TALLER DE IDEAS PARA O FUTURO
DO APOIO AO EMPRENDEMENTOSALÓN DE ACTOS
DPI Estrategia -
15:30-17:00 h RETOS E SOLUCIÓNS PARA
UN TERRITORIO INTELIXENTEMesa de traballo por sectores
MESA I: Metal mecánico - SALÓN GALICIA
MESA II: Mar e Industria - SALÓN DE XUNTAS
MESA III: Medio Ambiente - SALÓN DE DIRECTIVOS
MESA IV: Enerxías renovables - CBA
MESA V: Loxística - ESPAZO COWORKING
MESA VI: Construción - OFICINA 9 -
17:00- 18:00 h MESA DE TRABALLO: RETOS DE
INVERSIÓN EN EMPRENDEMENTOSALÓN GALICIA
-
17:00- 18:00 h CONFERENCIA: CLAVES DO
NOVO EMPRENDEMENTOSALÓN DE ACTOS
Tecnoloxía, smart money e internacionalización (Startups.st) -
18:00- 18:15 h CLAUSURA
SALÓN DE ACTOS
- Programa Retorna, Bolsa de Remuda.
- Deliberación do xurado e selección de finalistas.
Queres asistir a ULTREIA PONTEVEDRA?
STARTUP
Se queres inscribir o teu proxecto emprendedor no Campus, esta é a túa oportunidade para presentalo. A convocatoria está aberta para todos os emprendementos innovadores con visión de futuro que procuren proxección, mentorización e financiamento. Podes consultar as bases e inscribirte a través da seguinte ligazón.
INVESTIDORES
Ademais, se es un potencial investidor ou tes interese en descubrir novos proxectos e startups con alto potencial de crecemento, non perdas a oportunidade de inscribirte como asistente e establecer contacto directo cos emprendedores máis prometedores. Para máis detalles e realizar a inscrición, visita a seguinte ligazón.
PÚBLICO XERAL
Se tes interese no ecosistema emprendedor galego e queres asistir a Ultreia Pontevedra, esta é a túa oportunidade para descubrir novos proxectos, coñecer experiencias de éxito de primeira man e presenciar conferencias inspiradoras. Inscríbete agora a través da seguinte ligazón e asegura a túa praza no evento.
Retos e solucións para un territorio intelixente!
Nun mundo onde a competitividade e a innovación son esenciais, os territorios intelixentes, como o galego, emerxen como pioneiros na busca dun equilibrio entre desenvolvemento económico, cohesión social e sostibilidade.
Os territorios intelixentes son aqueles territorios innovadores, capaces de construir as súas propias vantaxes competitivas en relación co seu entorno, no marco dun mundo complexo, global e interrelacionado. Asimesmo, os territorios intelixentes perseguen un equilibrio entre os aspectos de competitividade económica, cohesión social e sostibilidade
Cales son os obxectivos de ULTREIA GALICIA?
ULTREIA GALICIA vai ter un desenvolvemento simultáneo en dúas áreas: o CAMPUS STARTUPS e RETOS E SOLUCIÓNS PARA UN TERRITORIO INTELIXENTE.
Cada un dos eventos ten obxectivos diferenciados, aínda que persigan un xeral, que é dinamizar o ecosistema emprendedor en Galicia conectando aos axentes que o conforman con novas posibilidades de desenvolvemento e financiación.
OBXECTIVOS DO
CAMPUS STARTUPS
-
Identificar e mapear as startups e emprendedores de cada unha das catro provincias galegas.
-
Dar soporte aos proxectos para a busca de financiación.
-
Selección de proxectos para o Foro de Investimento.
-
Identificar aos Business Angels da provincia.
OBXECTIVOS DE RETOS E SOLUCIÓNS
PARA UN TERRITORIO INTELIXENTE
-
Identificar os sectores estratéxicos da provincia.
-
Identificar os retos de estos sectores estratéxicos.
-
Identificar e involucrar ás empresas tractoras destos sectores estratéxicos.
-
Mapear os axentes do ecosistema da provincia.